Linguas |

Ruta do Viño Rías Baixas:

Como pode haber tanto nunha botella?

Hai quen asegura que os viños Rías Baixas son “unha obra mestra que só a natureza pode crear”, e o certo é que semella que todos os elementos se conxugan para facer destes viños e a súa terra algo único no mundo.

Unha terra única…

Por un lado a súa terra, Galicia, este recanto da vella Europa onde desde tempos inmemorables veñen xentes de todo o planeta procurando o lugar onde acaba o mundo. Peregrinos, artistas, turistas, literarios e bohemios, todos quedan cautivados polo feitizo destas terras. E é que Galicia ten un magnetismo único, que adquire o seu máximo esplendor nas belas paisaxes verdes da costa redondeada e caprichosa que configuran as Rías Baixas… Unha combinación de océano que se introduce na terra e ríos que se abren ao mar, conformando acolledores vales, sinuosas montañas e paisaxes inigualables…

Uns viños únicos…

Os vinos Rías Baixas son o resultado da adaptación perfecta dunhas variedades de uva que século tras século se foron enraizando nesta terra ata adquirir unhas peculiaridades inigualables. O Albariño, a Treixadura, a Loureira, son algunhas das variedades autóctonas utilizadas nos nosos viños, e que xeran envexa entre os produtores de todo o mundo. De feito, son moitos os que teñen tentado cultivar o afamado Albariño lonxe destas terras. Aínda que, como variedade galega “de pura cepa” que é, non pode evitar sentir morriña da terra que a viu nacer, e por iso é unicamente en Rías Baixas onde o Albariño adquire toda a súa complexidade e as súas características únicas.

Un pobo único….

Pero, a natureza é dura e non regala nada. Hai que coñecela e saber mimala, porque unicamente así nos obsequiará cos seus mellores froitos. E esta é unha terra hostil onde o esforzo dun pobo paciente e traballador foi capaz de, co paso dos séculos, adquirir unha sabiduría única sobre o cultivo da vide e a elaboración do viño. Transmitindo de xeración en xeración o seu saber facer e o amor pola súa terra, e marcando de maneira decisiva a súa cultura, as súas paisaxes e o seu modo de vida.

É por todo isto que desde a Ruta do Viño Rías Baixas te invitamos a coñecer as terras onde os viños Rías Baixas se fan realidade. Ven e visita os nosos viñedos, achégate ás nosas adegas, disfruta da nosa gastronomía, descansa nos nosos aloxamentos, divírtete coa nosa oferta de ocio, e sinte a sensación única de vivir unha experiencia Rías Baixas.

Paseo da Calzada, s/n CP. 36630 Cambados - Pontevedra Telf. 986 521 008 infoatrutadelvinoriasbaixas [dot] com