Linguas |

Ruta do Viño Rías Baixas:

A Cultura do Viño

O cultivo do viño deixou unha profunda pegada no territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas e no modo de vida das súas xentes. De tal forma que non se podería entender as súas paisaxes sen os seus viñedos, nin a súa gastronomía e celebracións sen os seus viños. Nin sequera as vivendas, igrexas e monumentos serían o mesmo se non fora polo ancestral cultivo da vide e a tradición vinícola destas terras…

A tradición conta que unha das variedades máis arraigadas nesta Denominación de Orixe, o Albariño, foi traída por uns monxes cistercenses ao mosteiro de Armenteira (Meis) no século XII. O certo é que esta variedade evolucionou e adaptouse tan intensamente a esta zona, que en ningún outro lugar do mundo adquire a calidade que consegue na Denominación de Orixe Rías Baixas. E de igual xeito que o viño se adaptou a esta zona, esta terra adaptouse ao viño… Algunhas das referencias máis significativas podemos atopalas nas súas festas e tradicións, así como na súa gastronomía e patrimonio inmoble. A continuación se presentan algúns exemplos:

Mosteiro de Armenteira (Meis, Pontevedra)

A primeira referencia escrita deste mosteiro remontase ao século XII. Do seu edificio orixinal só conserva a igrexa que plasma a sinxeleza e simboloxía da Orden del Císter, congregación á que pertenceu e da que forman parte as monxas que o habitan actualmente. Este mosteiro está vinculado a diversas lendas, sendo considerado como o berce do viño Albariño, xa que a tradición conta que os monxes que o habitaron foron os que trouxeron esta variedade de uva ás Rías Baixas. Ademais está relacionado con diversas figuras ilustres da literatura galega como son Alfonso X o Sabio ou Valle-Inclán. O primeiro recolle nas súas Cantigas de Santa María o milagre do abade Ero, e o segundo o utiliza como inspiración para “Aromas de leyenda”. Web: www.monasteriodearmenteira.org

Festa do Albariño (Cambados)

Festa de Interese Turístico Nacional que se celebra na localidade de Cambados a primeira fin de semana de Agosto, e na que se exalta o viño elaborado coa uva Albariña. A súa orixe se remonta ao ano 1953, sendo unha das pioneiras a nivel nacional. Nace como consecuencia da reunión de amigos que deciden disputar cal deles consigue elaborar o mellor Albariño. Na actualidade é unha das citas gastronómicas máis populares e arraigadas de Galicia, na que ademais da degustación dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas nas casetas que se instalan ao longo do Paseo da Calzada, tamén existe unha gran variedade de actividades culturais e de ocio.

Feira do vino de O Rosal

Festa de exaltación do vino da subzona de O Rosal que se celebra durante o mes de xullo, máis concretamente a fin de semana anterior á celebración das festas patronais en honor á Virxe do Pilar (día 25), e nas que as diferentes adegas participantes enchen de casetas a praza de O Calvario en O Rosal.

Festa da vendima de Barrantes

Festa de recente creación que a principios de outubro celebra o final da vendima na parroquia de Barrantes (Ribadumia).

Museo Etnográfico e do Viño

Un dos primeiros museos do viño de España que amosa un recorrido pola historia, pola arte, pola xeografía, a cultura popular, así como todos os aspectos vitivinícolas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Na parte antiga do edificio se recolle a tradición e a historia do viño na Comarca de O Salnés, mentres que a parte nova das instalacións acolle modernos paneis e audiovisuais en diferentes salas, onde se explican de forma concisa os procesos de cultivo e elaboración del viño. Tamén xoga un papel activo como sede de diferentes actividades relacionadas con mundo vitivinícola. Avda da Pastora, 104, 36630 Cambados (Pontevedra) Tlf: (+34) 986 526 119. Fax: (+34) 986 520 445 Web: www.cambados.es E-mail: museo [dot] cambadosatconcellos [dot] depontevedra [dot] es Horario: De 10h00 a 14h00 y de 16h30 a 19h30 (De martes a domingo)

Museo do Consello Regulador D.O. Rías Baixas

Museo sobre a Denominación de Orixe Rías Baixas situado na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, na capital pontevedresa. Praza da Pedreira. Pazo de Mugartegui, Pontevedra Tel: +34 986 854 820 Fax: +34 986 864 546 e-mail: consejoatdoriasbaixas [dot] com web: www.doriasbaixas.com

Paseo da Calzada, s/n CP. 36630 Cambados - Pontevedra Telf. 986 521 008 infoatrutadelvinoriasbaixas [dot] com