El sábado 26 de mayo, con motivo de la Jornada de Puertas Abiertas, la Ruta do ...
Descorcha o mellor de Rías Baixas
Porque os bos viños se deben disfrutar en compañía, na Ruta do Viño Rías Baixas queremos compartir contigo a sorte de vivir nun entorno privilexiado e dedicarnos a un oficio que nos apaixona: facer que a xente poida disfrutar deses bos momentos que ofrece a vida.
Xa sexa a través dunha copa de viño, dunha boa comida, do descubrimento de algo novo, de compartir as nosas tradicións, de disfrutar dunha xornada de tranquilidade ou encontrar novas emocións, na Ruta do Viño Rías Baixas coidamos todos os detalles para que descubras eses pequenos praceres que fan que te sintas ben.
Somos un grupo de amantes do viño e a boa vida que nos unimos co fin de ofrecerte a posibilidade de disfrutar dunha experiencia turística única en torno a un eixe común: o viño da Denominación de Orixe Rías Baixas. Así que, tanto se es un apaixonado do viño, como se simplemente queres disfrutar dunhas xornadas de ocio diferentes, na Ruta do Viño Rías Baixas poderás encontrar unha ampla variedade de posibilidades turísticas que van facer da túa visita unha experiencia inesquecible.

























