Linguas |

Coñece Volver

Museo Da Muller Labrega

As Cobas, 4
36968 Meaño
Tel: (+34) 986 747 102
Fax: (+34) 986 747 391
concellodemeanoatterra [dot] es
http://www.concellodemeano.com
Coordenadas GPS:
norte: 42° 29' 42.8784"
oeste: 8° 47' 41.478"
Horario Comercial
Sabados de 10:00 a 13:00. resto de horarios previa cita.
O edificio no que se ubica o Museo da Muller Labrega de Meaño é tamén coñecido como O Pazo de Lis, tratándose dunha das pezas arquitéctonicas civís máis importantes do Concello.

O Museo consta de baixo e dous pisos. No seu interior alberga unha sala destinada a biblioteca e hemeroteca, duas salas de exposicións, outra de conferencias, aseos e un despacho.

Nunha das fachadas as esquinas verticais están rematadas en formacións cilíndricas, e posúe amplos balcóns. Ten un portalón cun vistoso remate en medio do cal atopámonos cun escudo.

Neste Museo lémbrase o importante papel da muller no mundo rural galego, en diversas áreas como son a organización familiar, a economía doméstica, a muller nas relacións sociais, públicas e privadas, a súa estética dentro do campo galego e o importante papel no folclore galego.

Trátase, sen dúbida algunha, dunha homenaxe á función primordial que a muller leva desempeñando ao longo da historia de Galicia sen descoida-la súa formación, promoción e proxección cultural e social.

Aínda hoxe, a muller ten no campo unha das actividades económicas mais importantes para o desenrolo da economía de Galicia.

Coñecer os utensilios que axudaban nas tarefas diarias, como era a actividade do campo ou a vida social rural, son algunhas das curiosidades que podemos ver no museo.

    Comentarios 0
    Tes que estar logeado para poder comentar
    Paseo da Calzada, s/n CP. 36630 Cambados - Pontevedra Telf. 986 521 008 infoatrutadelvinoriasbaixas [dot] com