El sábado 26 de mayo, con motivo de la Jornada de Puertas Abiertas, la Ruta do ...
Proceso de creación
Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas son o resultado da conxugación dunhas variedades de uva únicas, que son cultivadas nunha terra única, por o pobo paciente e tenaz que soubo manter a tradición ao tempo que potencia os máis innovadores avances tecnolóxicos.
O cultivo…
O cultivo das vides no territorio de Rías Baixas é un proceso laborioso que require moita atención debido ás múltiples dificultades que presenta o clima e a morfoloxía do terreo, así como a delicadeza das variedades de vides autóctonas. Por exemplo, a necesidade de insolación, así como o exceso de humidade, fixo necesario que a estrutura de cultivo máis característica de Rías Baixas sexa o emparrado, co cal se obtén a máxima insolación e se mantén a vide afastada da humidade do chan. Pero o emparrado non é o único método de cultivo utilizado en Rías Baixas, tamén se poden atopar outros formatos como o cultivo en espaldeira.
A vendima...
A vendima require un exhaustivo control por parte do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, que coida desde o momento de recolleita, así como a cantidade e calidade da uva. Normalmente a vendima se realizar no mes de setembro e principios de outubro. A data de inicio varia dunha subzona a outra, posto que as colleitas varían dependendo da zona. Antes de comezar a vendima se realizan controis de maduración cos que se pretende determinar cal é o momento óptimo para comezar a vendima en cada zona. Para isto se analiza o grao alcohólico probable da uva e, nalgúns casos, a acidez total do mosto. Para a recollida da uva se utilizan caixas de ata 20 kg de tal xeito que se asegure que a uva se mantén en condicións óptimas. A vendima da Denominación de Orixe Rías Baixas se realiza a man, mobilizando a uns 30.000 traballadores. No ano 2010 se calcula que obtiveron unha produción total de máis de 30 millóns de quilos de uva.
A elaboración do viño…
A elaboración do vino está constituída por unha serie de fases que requiren un tratamento diferenciado. Así se poden distinguir as seguintes etapas:
- Maceración: Unha vez que as uvas foron recolectadas pasando todos os controis da vendima e de acceso á adega, se pode proceder á maceración. Neste proceso o mosto, a polpa e as peles (previo despalillado e/ou estruxado) se manteñen en contacto durante un tempo variable pero sempre a temperaturas baixas inferiores a 8ºC. O obxectivo da técnica de macerado en frío é extraer das células da pel os aromas varietais característicos. Este paso é opcional e non se utiliza en todas as adegas.
- Prensado: a súa misión é extraer o mosto por medio da presión exercida sobre as uvas. Esta operación en Rías Baixas adoita realizarse a través de prensas pneumáticas. O estruxado e/ou despalillado previos é opcional.
- Desfangado: operación que consiste en limpar o mosto separándoo e despoxándoo das partículas máis grosas que poden conter. En Rías Baixas habitualmente se realiza o desfangado estático con emprego de frío.
- Fermentación alcohólica: normalmente se realiza en depósitos de aceiro inoxidable e a temperatura controlada (en torno a 18ºC).
- Fermentación maloláctica: esta segunda fermentación se realiza para axustar a acidez do viño. Os fermentos lácticos desencadean a fermentación do ácido málico que se transforma en ácido láctico e ácido carbónico. Nesta fase hai que destacar a existencia dunha nova e minoritaria liña de elaboración consistente na fermentación e/ou crianza en barricas de madeira de carballo.
- Trasiegos: teñen por obxectivo separar o máis rapidamente posible, terminada a fermentación, o vino das lías.
- Clarificación: eliminación de elementos sólidos en suspensión. Se utiliza clarificación por encolado e/ou filtración.
- Estabilización tartárica: na que se somete o vino a unha temperatura en torno a –4ºC de 7 a 10 días. Se se sembra con cristais de bitartrato potásico este tempo se reduce á metade. Con este proceso se pretende eliminar as precipitacións tartáricas.
- Embotellado: os vinos de Rías Baixas poden ser embotellados precozmente, incluso antes de que finalice o ano en que se foi cosechada a uva e seguir embotellando partidas posteriormente en función da demanda, ou efectuar un único embotellado tardío, en primavera ou verán.
As marcas…
A pesar de que todas as adegas realizan un proceso de elaboración do viño moi semellante cada adega elabora un viño diferenciado do resto debido á diferente selección e tratamento da uva, así como a aplicación de diferentes métodos de elaboración. De tal forma que cada adega pode ofrecer un viño diferenciado, ou incluso unha mesma adega pode presentar varias marcas ou referencias diferenciadas. E é que cada viño ten vida propia, e un gran esforzo e traballo detrás que unicamente coñecen os propios traballadores. Porén, desde a Ruta do Viño Rías Baixas te ofrecemos a posibilidade de visitar a nosa zona e introducirte nas nosas adegas, para que coñezas de primeira man porque os nosos viños son únicos.

























