Linguas |

Todos os

Transportes

A Ruta está perfectamente comunicada grazas a unha rede de comunicacións moi variada e eficiente que se adapta a calquera modalidade de viaxe.

Transporte por estrada

A Ruta do Viño Rías Baixas está comunicada cos principais eixos viarios de Galicia, como son a AP-9 ou a N-550 que cruzan Galicia de Norte a Sur desde A Coruña ata Tui (Pontevedra), a A-52 que une Benavente (Zamora) e Vigo (Pontevedra), e a AG-53 que une Ourense e Santiago de Compostela Dentro da Ruta existe unha ampla rede de estradas que acortan as distancias e fan os desprazamentos máis cómodos.
A zona do Salnés está comunicada coa AP-9 e a N-550 a través da autovía AG-41 que cruza o sur do Salnés chegando ata Sanxenxo e O Grove, la N-640 que une Silleda con Vilagarcía de Arousa, e as vías rápidas de Cambados-Vilagarcía de Arousa (VG-4.3) e Cambados-Ribadumia (VG-4.2). O Rosal está comunicado pola PO-552 que a une coa AP-9 ol resto de Galicia, e a Portugal a través da A3 (que entra por Tui) e a A-23 que cruza directamente en Goián (Tomiño).
Ribeira do Ulla está atravesada pola N-525 e a Autopista Central de Galicia (AG-53) que unen Santiago de Compostela con Ourense, a AG-53 ten unha saída en Vedra.

Dirección General de Tráfico

Transporte marítimo

A costa da Ruta do Viño Rías Baixas está dotada dunha gran variedade de portos de todos os tipos desde os que se centran en tarefas pesqueiras ou comerciais, aos que conxugan transporte de pasaxeiros e actividades de lecer.
Na zona do Salnés o principal porto é o de Vilagarcía de Arousa, pero tamén se pode encontrar os portos de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), Carril (Vilagarcía de Arousa), A Toxa (O Grove), O Grove, Meloxo (O Grove), Santo Tomé (Cambados), Tragrove (Cambados), Cambados, San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa), e As Sinas (Vilanova de Arousa).

Entre os portos deportivos máis destacados encontramos o Juan Carlos I (Sanxenxo), o porto deportivo de Vilanova de Arousa, o de Pedras Negras (O Grove), e Portonovo (Sanxenxo). Na zona de O Rosal os portos máis importantes son o de Goián (Tomiño), de Pasaxe (A Guarda) e o de A Guarda. Nas inmediacións tamén se encontra o porto deportivo de Tui.

Transporte fluvial

O río Miño dispón dun servizo de catamaráns que trasladan pasaxeiros desde o Porto de Pasaxe en Camposacos (A Guarda) ata o lado portugués. Catamaranes del Miño Localización: Puerto de Pasaxe – Camposacos (A Guarda) Teléfono: +34 986432255 / 986447117 Fax: 986220278

Dirección web del recurso: http://www.catamaranesgalicia.com e-mail del recurso: jespadaatviajesjet [dot] com

Transporte ferroviario

RENFE ofrece un servizo de ferrocarril para a zona do Salnés e Ribeira do Ulla. Na zona de O Rosal, aínda que non existe unha estación propia, dispón dunha parada en Guillarei (Tui) a 20 km da Ruta. Na zona do Salnés, a estación de Vilagarcía de Arousa ofrece un servizo continuado entre A Coruña e Vigo. En Ribeira do Ulla está comunicada a través da líña que une Ourense con Santiago de Compostela, que realiza paradas na estación en Vedra-Ribadulla (Ayuntamiento de Vedra).

Transporte aereo

A Ruta se encontra comunicada nun ratio de menos de 100km polos aeroportos de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña y Oporto.Oporto: http://www.ana.pt/portal/page/portal/ANA/AEROPORTO_PORTO Aena: www.aena.es

Paseo da Calzada, s/n CP. 36630 Cambados - Pontevedra Telf. 986 521 008 infoatrutadelvinoriasbaixas [dot] com