Linguas |

Ruta do Viño Rías Baixas:

Un viño único, unha terra única

Din que os viños sempre delatan o lugar de onde veñen, porque son capaces de capturar todo o que lles transmite o entorno onde nacen. Na Ruta do Viño Rías Baixas queremos que sintas a nosa terra para que poidas descubrir que fai tan especiais aos nosos viños, os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.

A nosa terra…

A Ruta estende as súas raíces na Galicia máis singular, as Rías Baixas, unha zona marcada por un mosaico de tonalidades azuis e verdes que conxuga o océano Atlántico coas fértiles terras galegas. Desde a zona de Ribeira do Ulla, nas inmediacións de Santiago de Compostela, ata a zona de O Rosal, na fronteira portuguesa, pasando polas famosas terras do Salnés, a Ruta do Viño Rías Baixas cruza de norte a sur a parte máis occidental do sur de Galicia, trazando unha interesante viaxe por belas paisaxes de viñedos, costas redondeadas, ríos tranquilos e acolledores vales marcados polo suave hálito do océano Atlántico.

Quen somos…

Somos un grupo de establecementos do sector vitivinícola (adegas e destilerías), do turismo (aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxes, empresas de ocio e museos), comercios (enotecas e comercios especializados) e entidades públicas, que nos unimos para ofrecerche a posibilidade de disfrutar dunha experiencia turística única en torno a un eixe común: o viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Que che ofrecemos...

Queremos darche a benvida á nosa Ruta. Temos todo preparado para acollerte e mostrarche o mellor da nosa terra. Por iso queremos que te achegues á Ruta do Viño Rías Baixas e te mergulles nunha experiencia diferente… Deixa que te abramos as portas das nosas adegas e destilerías, e introdúcete no misterioso mundo do viño… Permítenos acollerte nos nosos hoteis e establecementos de Turismo Rural, e dálle descanso a corpo e mente… Consinte que te deleitemos co mellor da nosa gastronomía, e saborea os deliciosos produtos cos que nos obsequia a terra e mar… Apúntate á diversión das nosas actividades, e descubre novas sensacións… Rétate a coñecer, e sacia a túa curiosidade nos nosos museos… Prepárate para encontralo todo nas nosas enotecas e comercios especializados…

 

¡¡Ven!!, ¡¡te esperamos!!!

 

Paseo da Calzada, s/n CP. 36630 Cambados - Pontevedra Telf. 986 521 008 infoatrutadelvinoriasbaixas [dot] com