A Denominación de Orixe de Viño Rías Baixas se reparte entre 5
subzonas perfectamente delimitadas que se extenden desde a
fronteira portuguesa ata as inmediacións de Santiago de Compostela,
salpicando de viñedos máis de 3.600 hectáreas da parte máis occidental
do sur de Galicia. Na provincia de Pontevedra se encontran as subzonas
de Val do Salnés, O Rosal, Condado de Tea e Soutomaior. Mentres, a
zona de Ribeira do Ulla se expande polo sur da provincia de A
Coruña, e o norte de Pontevedra.
Que comparten…
Todas as zonas comparten unha gran tradición vitivinícola
que permitiu que sexan recoñecidas pola calidade dos seus
viños e formen parte da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Son terras de carácter atlántico con frondosa vexetación e
temperaturas suaves, que souberon obter o mellor de Galicia
grazas ao hálito benevolente do océano Atlántico, e ao
esforzo ancestral das súas xentes. Por outro lado, semella
que o cultivo do mellor viño tamén favorece que xurda unha
excelente gastronomía local, e non nos referimos unicamente
ao mundialmente famoso marisco da zona, senón tamén a
hortalizas, froitas, carnes, queixos, e outros produtos
locais que sorprenderán ao teu padal.
Que as diferenza…
Pero, ao mesmo tempo, cada unha delas ofrece unhas paisaxes,
unhas tradicións e unha realidade cultural diferenciada e
singular que lle aportan unha personalidade propia. E
precisamente por iso desde a Ruta do Viño Rías Baixas te
ofrecemos diferentes itinerarios, de tal xeito que poidas
apreciar e deleitarte con cada un dos matices que as compoñen.